martes, 15 de diciembre de 2020

FESTA DO CHULETÓN!

 Os nenos e nenas de 1º a 4º estiveron facendo este chuleton en 3D de madeira correspondente coa Festa do Chuletón de Maside... que artistas!




martes, 1 de diciembre de 2020

VIDEO PRIMEIRA PARADA: LOBIOS

 Como xa sabedes comezamos o curso 2020-2021 retomando no noso centro o Proxecto do Roteiro Termal. 

Fai uns días estivemos investigando sobre a primeira parada que foi Lobios.

Mirade todo o que investigaron os nosos nenos e nenas. E vos, coñeciades todo?



ROSQUILLAS DE SAN LÁZARO 🍩

A semana que estivemos investigando sobre Ourense, os nenos e nenas de 1º,2º,3º e 4º curso convertímosnos en pasteleiros e pasteleiras.

Fixemos as rosquillas de San Lázaro coa axuda do noso cociñeiro Dani. A verdade que estaban boísimas e convidamos a todo o cole a probalas despois de xantar. 

Vela aquí deixamos unhas fotos do proceso:










VÍDEO VERÍN